ASOCIACIÓN PARA O ESTUDO, ENSINO E DIFUSIÓN DA TERAPIA FLORAL DO DR.  EDWARD BACH EN GALICIA “GALIBACH”
CAPÍTULO I
NORMAS XERAIS
Artigo 1º.
1.- Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación: “GALIBACH” (ASOCIACIÓN PARA O ESTUDO, ENSINO E DIFUSIÓN DA TERAPIA FLORAL DO DR.  EDWARD BACH EN GALICIA).
2.- A Asociación rexerase polos ditos estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.
Artigo 2º. O domicilio principal radicará na cidade de A Coruña, Avenida General Sanjurjo, 258 – Baixo Lateral, C.P. 15006.
Artigo 3º. A Asociación, en función dos seus fins e da localización do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade  Autónoma de Galicia.
Artigo 4º.
1.- A Asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados/as expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
2.- A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.
Artigo 5º.  “GALIBACH” é unha Asociación sen ánimo de lucro.
1.- Son fins principias da Asociación:
a) Difundir a terapia floral e a filosofía do Dr. Bach, promovendo a realización de talleres, publicacións, cursos, etc.
b) Informar o maior número posible de xente, para que teña, o igual que en outros paises, unha información básica, rigorosa e seria dos beneficios desta técnica natural.
c) Fomentar o seu estudo, e seguir coa sua investigación.
d) Formar terapeutas neste sistema floral.
e) Facer especial énfasis na difusión desta terapia entre os colectivos mais desprotexidos, como discapacitados, ancianos, enfermos terminais, etc.
f) Ofrecer a información adecuada as asociacións pertinentes.
Os beneficios que se obteñan por calquera  concepto, destinaránse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados/as nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.
CAPÍTULO II
DOS ASOCIADOS
Artigo 6º.
1- Poderán ser integrantes da Asociación tódas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser presentado por outro/a socio/a
b) Presenta-la solicitude de inscripción.
2- Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida. No caso de menores de idade e persoas que actúen a través de representante, nai, pai ou persoa titora de quen solicita, acompañarase da identidade deste.
Artigo 7º. Dentro da Asociación poderán existi-las seguintes clases de asociad@s:
a)     Soci@s Fundadores/as: aquelas persoas que subscribiron a Acta Fundacional.
b)    Soci@s Colaboradores: aquelas persoas que participan nos traballos da Asociación podendo facer uso das instalación sen repercusión económica.
c)  Soci@s Activ@s: persoas que colaboran cunha aportación económica anual.
d)    Soci@s Usuari@s: aquelas persoas que colaboran coa súa aportación económica.
 
Artigo 8º.
1.- A condición de asociado pérdese:
a)     Por vontade propia.
b)    Por falta de pagamento da cota anual.
c)     Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de acción que prexudiquen gravemente os intereses da Asociación, logo do expediente disciplinario, con audiencia do interesado.
d)    Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
2.- A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b) e c) do párrafo anterior será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.
Artigo 9º. Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
1.- Participar nas actividades da Asociación e nos órganos de goberno e representación, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos estatutos.
2.- Ser informad@ da composición dos órganos de goberno e representación da Asociación, no seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
3.- Ser oíd@ con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias na súa contra e ser informad@ dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
4.- Impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.
@s asociad@s activos non intervirán na dirección da Asociación, nin nos órganos de representación da mesma, pero están facultados para asistir ás Asembleas Xerais con voz, pero sen voto.
Artigo 10º. Son obrigas dos asociados e asociadas:
1.- Comparti-las fianalidades da Asociación e colaborar para a súa consecución.
2.- Paga-las cotas que se establezan.
3.- Desempeña-los cargos para os que foron elexidos.
4.- Acatar e cumpri-los acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da Asociación.
5.- Acata-lo contido dos estatutos.
6.- Ter unha boa conducta individual e cívica.
 
CAPÍTULO III
DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
Artigo 11º. A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
Artigo 12º.
1.- O presidente da asociación será designado pola Asemblea Xeral, entre os socios con un ano de antiguedade, e o seu mandato durará catro anos. O presidente deberá ter plena capacidade de obrar e será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
2.- O presidente terá as seguintes atribucións:
a) Representa-la Asociación perante calquera organismo público ou privado.
b) Convocar e presidi-las sesións que celebre a Xunta Directiva; presidi-las sesións da Asemblea Xeral; dirixi-las deliberacións dunha e doutra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate.
c) Executa-los acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
d) Ordena-los pagamentos acordados validamente.
e) Asina-las actas, certificados, pagamentos e outros documentos da Asociación xunto co secretario ou menbro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
Artigo 13º.
1.- A Xunta Directiva estará formada polo presidente da Asociación, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e dous vocais. Cargos que deberán recaer en asociad@s que leven polo menos un ano na Asociación.
2.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuita, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuación relacionadas coa Asociación. As persoas elexidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola Asociación.
3.- A Asemblea Xeral será a competente para elixi-los cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por un período de catro anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
4.- Os cargos cesarán na súa función por:
a) Falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
b) Renuncia voluntaria.
c) Transcurso do prazo para o que foron elegidos.
d) Acordo de cesamento da toda a Xunta Directiva adoptado por ¾ dos asociados reunidos en Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto. A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.
As vacantes que se pudieran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoureiro.
Artigo 14º. A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:
1.- Programar e dirixi-las actividades asociativas.
2.- Leva-la xestión administrativa e económica da Asociación.
3.- Someter á aprobación da Asemblea Xeral o estado de contas do ano anterior.
4.- Convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral.
5.- Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
6.- Designa-las comisións de traballo ou sección que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación.
7.- Ditar normas interiores de organización e ejercer cantas funcións non estean expresamente asiñadas á Asemblea Xeral.
8.- Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
9.- Propoñe-lo plan de actividades da Asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
10.- Resolve-los procedementos disciplinarios que se instrúan.
11.- Aquelas que non veñan atribuídas expresamente a outro órgano da Asociación.
Artigo 15º.
1.- A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus componentes.
2.- Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola mayoría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concurrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e secretario ou persoa que o substitúa. O secretario ou, no seu defecto, o vocal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.
Artigo 16º. Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as información necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.
Artigo 17º. A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes desta. O presidente e o secretario da Asemblea serán o presidente e o secretario da Xunta Directiva.
Artigo 18º. A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
Artigo 19º. A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o mes de Outubro ata o de Xuño. Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.
Artigo 20º. Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:
1.- Aproba-lo plan de actividades.
2.- Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
3.- Aproba-los orzamentos de ingresos e gastos para cada ejercicio.
4.- Exame e aprobación das cotas.
5.- Examinar e aproba-la memoria de actividades.
Artigo 21º. Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
1.- Modifica-los estatutos da Asociación.
2.- Elixir e cesa-los integrantes da Xunta Directiva.
3.- Aproba-la federación con outras asociacións.
4.- Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
5.- Acorda-la disolución da Asociación.
6.- Designa-los/as liquidadores/as.
7.- Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
8.- Solicita-la declaración de utilidade pública da Asociación.
10.- As que sendo de competencia da Asemblea Ordinaria, por razóns de urgencia ou necesidade, non poidan agarda-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a Asociación.
11.- Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou á Xunta Directiva.
Artigo 22º. A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concurran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcurrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.
Artigo 23º. Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da mayoría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados do 1 ó 7 do artigo 21º, que requerirán mayoría de 2/3. A continuación levaránse os acordos ó libro de actas e asinarao o/a presidente/a, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
Artigo 24º. Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.
As sesións abriranse cando así o determine o presidente. Seguidamente procederase por parte do secretario á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente, o secretario procederá a presenta-la orde do día.Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e á aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.
Artigo 25º. Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.
Artigo 26º.
1.- O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro de rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notificalas convocatorias, custodia-las actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente.
O secretario tamén levará o inventario dos bens da Asociación nun libro establecido para este efecto.
2.- Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.
Artigo 27º.
1.- O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da Asociación, así como, as contas de resultados e balances.
2.- O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da asemblea ordinaria.
Artigo 28º. Os vocais terán as seguintes atribucións:
1.- Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
2.- Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

CAPÍTULO IV
RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 29º. A Asociación no momento de incia-las súas actividades carece de patrimonio. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
Artigo 30º. A Asociación funcionará en réxime de orzamento anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos.
Artigo 31º. A Asociación manterase dos seguintes recursos:
1.- As cotas periódicas dos/as asociados/as.
2.- As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.
3.- As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
4.- Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da Asociación.
5.- Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 32º. A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias, que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atende-las necesidades da Asociación, mellorar as instalacións onde realiza as suas actividades, sempre redundando no cumplimento dos fins para o que se constitue.
Artigo 33º. Anualmente, con referencia ó último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.
Artigo 34º. Para a disposición de fondos das contas que a Asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do presidente e do tesoureiro.
Artigo 35º. Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola Asociación.
 
CAPÍTULO V
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Artigo 36º. O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva, cesión do local de actividades e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.
 
CAPÍTULO VI
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 37º. Os ditos estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados/as. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificación propostas.
Artigo 38º. A Asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados/as adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.
Artigo 39º. Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a presiente e o/a tesoureiro/a, procederán para efectua-la liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 40º. O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma Galega, que teña iguais ou similares fins que os desta Asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación.